A Avogacía é unha das escasas profesións españolas sometidas a un control deontolóxico.
Os profesionais da avogacía están sometidos a un Código Deontolóxico e ás obrigas profesionais contidas no Estatuto Xeral da Avogacía Española
O control deontolóxico realízase en primeira instancia administrativa polos colexios de avogados. As súas decisións son revisables polo Consello da AVogacía Galega.
Ao marxe da responsabilidade disciplinaria dos avogados. estes están suxeitos a responsabilidade civil e penal polos actos cometidos no exercicio profesional.
.
A compensación económica poderá ser unha retribución fixa, periódica ou por horas. Respeto ás costas recobradas de terceiros, estarase ao que libremente se teña acordado e a falta de pacto expreso, deberanse satisfacer efectivamente ao avogado.
En todo caso, está prohibida a cuota litis en sentido estricto, entendéndose por tal o acordo previo á terminación do asunto entre avogado e cliente, polo que este se compromete a pagarlle unicamente unha porcentaxe do resultado, con independencia de que consista nunha suma de diñeiro ou calquera outro beneficio, ben polo valor que consiga o cliente por ese asunto.
A contía dos honorarios convirase libremente entre o cliente e o avogado, respetándose as normas deontolóxicas e de competencia deslear. Como referencia, os Colexios poderán establecer uns baremos exclusivamente orientadores que se aplicarán conforme ás súas regras, usos e costumes, e que terán carácter supletorio ao pactado e que se aplicarán nos casos de condea en custas á parte contraria.
SUSPENSIÓN DO BAREMO DE HONORARIOS DOS COLEXIOS DE AVOGADOS DE GALICIA
O Pleno do Consello da Avogacía, en sesión de 29 de decembro de 2.006, adoptou o seguinte acordo:
" 1. Deixar sen efecto o acordo do Consello da Avogacía Galega de 27 de decembro de 2.001 polo que fora aprobado o baremo de honorarios dos colexios de avogados de Galicia.
2. Lembrar aos colexios de avogados que a competencia para elaborar, aprobar, modificar e suprimir baremos de honorarios é exclusivamente deles, consonte o artigo 5, letra ñ da Lei de Colexios Profesionais estatal e do artigo 9, letra e da Lei de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Declarar sen efecto o apartado 17 do artigo 5 dos Estatutos aprobados por este Consello, sen perxuízo de recabar a aprobación superior por parte da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, no momento en que se proceda a unha revisión actualizadora daquel texto."
Cando se pretenda o recoñecemento excepcional do dereito á asistencia xurídica gratuíta, a solicitude presentarase directamente ante a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta.
Na solicitude constarán, os datos que permitan apreciar a situación económica da persoa interesada e das integrantes da súa unidade familiar, circunstancias persoais e familiares, a pretensión que se quere facer valer e a parte ou partes contrarias no litixio, se as houbese. E xuntarase da documentación que acredite todo iso.
A solicitude do dereito á asistencia xurídica gratuíta non suspende o curso do proceso, e para evitar que o transcurso dos prazos provoque a preclusión dun trámite ou a indefensión das partes, o xuíz poderá designar provisionalmente avogado ou decretar a suspensión ata que se decida sobre o dereito a litigar gratuitamente.
Non obstante, se polas circunstancias ou a urxencia do caso o órgano xudicial que estea a coñecer o proceso estimase que é preciso asegurar de forma inmediata os dereitos de defensa e representación das partes, e algunha delas manifestase carecer de recursos económicos, requirirá o nomeamento provisional de avogado e procurador aos seus respectivos colexios profesionais.
Non se lle recoñecerá o dereito á Asistencia Xurídica Gratuíta ao demandante unha vez presentada a demanda, ou á demandada unha vez formulada a súa contestación, salvante que as condicións sobreviñesen con posterioridade á demanda ou á contestación.
8.-Como se designa ao avogado de oficio?
Se o colexio de avogados considera acreditado que o solicitante pode ter dereito á asistencia xurídica gratuíta, designará provisionalmente un avogado no prazo de quince días, comunicándollo inmediatamente ao colexio de procuradores, e trasladará o expediente no prazo de tres días á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta para a súa verificación e resolución.
Se o colexio de avogados estimase que o solicitante non cumpre as condicións, ou que a pretensión principal contida na solicitude é manifestamente insostíbel ou carente de fundamento, notificará no prazo de cinco días á solicitante que non efectuou o nomeamento provisional e trasladará a solicitude á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta.
Para o caso de que o colexio de avogados non adoptase resolución ningunha no prazo de quince días, o solicitante poderá reiterar a súa solicitude ante a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, que obterá de inmediato o expediente do colexio de avogados, ordenará a designación provisional de avogado, e procurador se fose preceptivo, e efectuará as comprobacións necesarias para ditar unha resolución.
A Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, para verificar a exactitude e realidade dos datos económicos declarados polo solicitante, poderá comprobar e obter a información que estime necesaria, e poderá requirir da Administración Tributaria a confirmación dos datos tributarios que consten na documentación presentada coa solicitude.
Unha vez efectuadas as comprobacións, e no prazo máximo de trinta días desde a recepción do expediente, a Comisión ditará resolución de recoñecemento ou denegación do dereito á asistencia xurídica gratuíta. Transcorrido o dito prazo sen resolución expresa, ficarán ratificadas as decisións previamente adoptadas polo colexio de avogados, e se o colexio de avogados non ditase ningunha resolución, o silencio da Comisión será positivo e o xuíz ou tribunal procedera a declarar o dereito na súa integridade.
9.- Cales son os efectos da resolución da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta?
Se a Comisión recoñece o dereito á asistencia xurídica gratuíta, confírmanse as designacións provisionais de avogado e, no seu caso, de procurador.
No suposto de que non se producisen tales designacións, requirirá inmediatamente dos Colexios o nomeamento dos profesionais para a defensa e representación, no seu caso, do titular do dereito.
Se a Comisión non recoñece o dereito, as designacións provisionais ficarán sen efecto e o solicitante deberá aboar os honorarios e dereitos económicos ocasionados polas intervencións dos profesionais designados de oficio, así como escoller avogado e, no seu caso, procurador.
A Comisión pode revisar de oficio as súas resolucións e, se estima que se utilizaron declaracións erróneas ou probas falsas, ou que se ocultaron probas, poderá revogar o recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta, o que traerá a obriga do pagamento de todos os honorarios dos profesionais designados de oficio producidos desde a concesión do dereito, sen prexuízo de responsabilidades doutra orde.
As resolucións da Comisión que, de modo definitivo, recoñezan ou deneguen o dereito á asistencia xurídica gratuíta, poden ser impugnadas perante a mesma Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta por quen teña un dereito ou interese lexítimo para iso.
10.-Como se xestiona o Servizo de Asistencia Xurídica Gratuíta?
Os colexios de avogados teñen establecidos sistemas de distribución obxectiva e equitativa das distintas quendas e medios para a designación dos profesionais de oficio, en todo caso públicos para ser consultados polos solicitantes.
Os Consellos Xerais da Avogacía Española e dos Colexios de Procuradores dos Tribunais de España e os seus respectivos colexios regulan e organizan, a través das súas Xuntas de Goberno, os Servizos de Asistencia Letrada e de Defensa e Representación Gratuíta, e garanten, en todo caso, a súa prestación continuada con criterios de funcionalidade e de eficiencia na aplicación dos fondos públicos postos á súa disposición.
O Consello da Avogacía Galega coordina a acción conxunta dos sete colexios de avogados de Galicia neste eido.
11.- Xestiónase de diferente maneira a prestación do Servizo de Asistencia Xurídica Gratuíta ao Preso ou Detido?
Xestiónase de diferente maneira a prestación do Servizo de Asistencia Xurídica Gratuíta ao Preso ou Detido?
Si. En primeiro lugar, non será necesario que o detido ou preso que non teña designado avogado acredite previamente carecer de recursos económicos. O avogado que lle asista, debe informalo sobre o seu dereito a solicitar a asistencia xurídica gratuíta sen prexuízo de que se non se lle recoñece, deberá aboarlle os seus honorarios.
Para a prestación do Servizo de Asistencia Letrada ao Preso ou Detido, todos os colexios de avogados teñen constituída unha Quenda de Garda Permanente, con presencia física ou localizábel dos letrados as vintecatro horas do día, salvo en determinadas ocasións en que a reducida actividade ou as características xeográficas o desaconselle.
12.- Que requirimentos deben cumprir os avogados para prestar o servizo de asistencia xurídica gratuíta?
Para asegurar o nivel de calidade e de competencia profesional necesarias para garantir o dereito de defensa, establecéronse uns requirimentos xerais mínimos esixibles aos avogados para que poidan prestar os servizos de asistencia xurídica gratuíta.
Estes son: ter residencia habitual e despacho aberto no ámbito do colexio respectivo ou na demarcación territorial correspondente, acreditar mais de tres anos no exercicio efectivo da profesión, e estar en posesión do diploma do Curso de Escola de Práctica Xurídica ou de cursos equivalentes homologados polos colexios de avogados, ou ter superado os cursos ou probas de acceso aos servizos de Quenda de oficio e Asistencia Letrada ao Detido.
13.- Poden os avogados designados escusarse da defensa designada?
Na orde penal si poden escusarse da defensa, sempre que teñan un motivo persoal e xusto, e que así o aprecien os decanos dos colexios de avogados.
No resto dos procesos, en principio, a defensa é obrigatoria e o avogado designado debe desempeñar a súa función de asistencia de forma real e efectiva ata a finalización do procedemento. Pero se considera insostíbel a pretensión que se pretende facer valer, debe comunicalo á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta dentro dos seis días seguintes ao da súa designación, fundamentando a súa decisión.
14.- Como se lles retribúe aos avogados designados de oficio?
A implantación e prestación dos servizos de asistencia, defensa e representación xurídica gratuíta polos colexios de avogados, subvenciónase, en parte, con cargo ás dotacións presupostarias da Consellería de Xustiza só cando exista o recoñecemento expreso do dereito á asistencia xurídica gratuíta.
As intervencións dos avogados designados de oficio retribúense conforme a unhas bases económicas e uns módulos de compensación que se fixan segundo o tipo de procedemento no que interviñese, e que se avalían co obxecto de asegurar que o servizo estea digna e suficientemente remunerado e en prazos razoábeis.
15.- Poden denunciarse as actuacións dos avogados designados de oficio?
Si. O réxime disciplinario dos avogados encargados dos servizos de asistencia xurídica gratuíta réxese polas mesmas regras establecidas con carácter xeral para o exercicio da profesión, e os usuarios dos citados servizos poden formular queixas ou denuncias como consecuencia das actuacións destes profesionais.
Farano ante as Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta, que darán traslado delas aos colexios profesionais correspondentes ao seu ámbito territorial. No caso de se abrir un expediente disciplinario, e cando a gravidade dos feitos o aconselle, poderase acordar a separación cautelar do Servizo do profesional responsable.
O Consello da Avogacía Galega é o organo superior da organización administrativa da Avogacía de Galicia. Aglutina aos sete colexios de avogados de Galicia e ten a súa sede na Coruña. Ler máis