O Colexio de Avogados de Ferrol organiza unha Comida- Homenaxe a don Fernando Pantín Maneiros, Ex- Decano do Colexio de Avogados, como recoñecemento aos case 30 anos que formou parte da Xunta de Goberno.
Nieves Santomé Couto, decana do Colexio de Avogados de Ferrol, tomou posesión do seu cargo como conselleira do Consello da Avogacía Galega no Pleno celebrado o 16 de xullo.
O pasado 25 de xuño, tiveron lugar as eleccións á Xunta de Goberno do Colexio de Avogados da Ferrol, nas que resultou elixida dona María Nieves Santomé Couto, como nova Decana, que sustituirá a Fernando Pantín Maneiros á fronte do Colexio de Avogados de Ferrol.
• Coincidindo coa sinatura do convenio do Servizo de Xustiza Gratuíta para 2010, a Xunta de Galicia comprometeuse a poñerse ao día dos pagos deste servizo,transferido ao Consello da Avogacía Galega que, para 2010, ascende a 180.000 euros.
• Na mesma xuntanza, e ante a falta de acordo entre a Xunta e o Consello ao respecto dos baremos a percibir polos avogados da Quenda de Oficio, acadouse un acordo provisional.