No día de onte, o Consello da Avogacía Galega acordou considerar ao Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, "persoa non grata"
As razóns da adopción do acordo foron explkciadas no día de hoxe, 22 de decembro, por antonio Platas, Presidente do Consello da Avogacía Galega.
Pode consultarse a nota de prensa
A Consellería de Sanidade comunica que os letrados que ata agora tiñan cobertura sanitaria por estar de alta na quenda de oficio deberán regularizar a súa situación acudindo a un Centro de Atención e Información da Seguridade Social para obter a condición de asegurado/beneficiario por parte do INSS (RDL 16/2012), coa que tamén poderán ser atendidos no curso de viaxes a países da UE ou países cos que exista convenio bilateral (xúntase comunicación recibida).
VI Encuentro en Galicia de Profesionales del Derecho Concursal
Santiago de Compostela
25 y 26 de outubro 2012
Sede: Escola Galega de Administración Pública
Con máis de vinte anos na avogacía, Ramón Jáudenes López de Castro foi elixido decano do Colexio de Avogados de Pontevedra nas eleccións celebradas o pasado mes de decembro de 2011. Cunha actitude moderna, coherente e clara, Jáudenes dános a súa visión sobre a situación da profesión de avogado.
O carné de avogado europeo está recoñecido polo Tribunal de Xustiza da UE, así como polo seu Tribunal Xeral. Acredita a condición de avogado tanto física como virtualmente a través do certificado dixital, e permite o acceso a órganos xurisdicionais e institución europeas, o acceso a numerosos servizos que ofrece o CGAE, como a subscripción automática ao boletín semanal "Europa en Breve" editado polla delegación do CGAE en Bruxelas, directorio dos principais organismos de interese en Europa, así como ao Dereito da Unión, ao Consello da Avogacía Europea e outras institucións profesionais, acceso ao e-Colexio (SIGA) para solicitudes, pagamentos e descargas de certificados on-line para actuacións en diversas institucións europeas, acceso ao campus virtual con cursos especializados, e demais servizos.
Para solicitalo só hai que remitir o formulario de solicitude dispoñible en www.abogado.es, www.cgae.es y www.redabogacía.org, xunto con:
Fotocopia do DNI
Foto tamaño carné
Certificación orixinal actualizada do Colexio de Avogados de residencia
Remisión ao CGAE por correo postal a Paseo de Recoletos 13, 28004 MADRID, e tamén por correo electrónico a Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
O Consello da Avogacía Galega é o organo superior da organización administrativa da Avogacía de Galicia. Aglutina aos sete colexios de avogados de Galicia e ten a súa sede na Coruña. Ler máis