Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí |
|||||||||||
|
![]() ![]() ![]()
|
|
|
||||||||
|
SUBSECCIÓNS
|
Presentación da I Edición dos formularios xurídicos en lingua galega
[^]
Publicado o luns 27 de outubro do 2003. O día 12 de xuño de 2003, tivo lugar a presentación pública da campaña de distribución do primeiro formulario xurídico en lingua galega, editado polo Consello da Avogacía Galega www.avogacia.org. O acto tivo lugar no Salón de Sesións do Concello de Ferrol, e estivo presidido polo presidente do Consello da Avogacía e contou coa presencia do conselleiro de Educación e o director xeral de Política Lingüística.
Este traballo é froito do Equipo Com-Forma que estivo traballando desde principios do ano 2000 para sacar adiante un conxunto de modelos documentais (máis de 200 formularios) de uso frecuente para os profesionais da avogacía e son o único instrumento práctico que existe a día de hoxe para que os avogados superen a inseguridade xurídica que provoca neles uso da lingua galega nas súas relacións cos xulgados e tribunais. Ademais engádese un pequeno Manual de redacción de documentos xurídicos que saíu directamente dos traballos de revisión e discusión sobre o modelo de lingua e unha Compilación de terminoloxía xurídica que reúne absolutamente todo o publicado ata o día de hoxe nesta especialidade lingüística. Os productos deste traballo van dirixidos principalmente á avogacía nova e a todos aqueles que teñan como interese a norma lingüística no sector da administración e nas relacións xurídicas. A xestión deste complexo proxecto contou de maneira pioneira cunha web pública que desde os seus primieros pasos e que, concebida para dar transparencia deu a coñecer o equipo, a metodoloxía, o sistema de traballo e os obxectivos que perseguiu este equipo pluridisciplinar composto, tamén de maneira pioneira por lingüístas e xuristas (xa que este era o ámbito científico para o que se traballaba). Esa web deixa agora de ter vixencia ó superarse a estapa de desenvolvemento. O proxecto presenta tamén unha faceta tecnolóxica relevante xa que para o manexo dos documentos creouse, desde o galego e desde 0, unha aplicación informática mixta entre manexador de ficheiros e procesador de textos que permite a adaptación total, a xestión e a impresión dos documentos nun formato público e non-limitado (Editor Com-Forma v.1). O uso desta aplicación é libre e gratuíto. Ademais todo o sistema está preparado para a actualización automática de novidades (novos formularios, terminoloxía, etc) a través de Internet e todos os contidos están tamén dispoñibles de maneira independente nun buscador en web e individualizada a través da visita á web do SAL É o noso obxectivo completar este primeiro paso coa edición dun Léxico xurídico completo castelán-galego, sobre a base do traballo xa realizado, xa que a elaboración dos formularios, manual e compilación creou unha unha importante base técnica que xa queda semielaborada. A partir de agora, todos os productos estarán vinculados desde a web do Servicio de Asesoramento Lingüístico do CAG na sección correspondente de Formularios.
|
Nas mesmas datas...
Anterior: Buscador de formularios por palabras 27 de outubro do 2003 Posterior: Tecnicismos xurídicos e galego popular 27 de outubro do 2003 |
| Admin |
| Avogacia.org © desde 2000 |
|
|
Arriba |