|
SUBSECCIÓNS
|
Tecnicismos xurídicos e galego popular
[^]
Brevísima nota de vocabulario xurídico enxebre
Publicado o luns 27 de outubro do 2003.

-
- Visto 3694 veces

| Enxebrismo
|
Glosa |
| Teimar
polo foro
|
demandar,
preitear. Con este mesmo sentido tamén se encontran : andar á xustiza;
andar na xustiza.
|
| Testemuña
de viso/ de vista/ de ollos
|
testemuña
presencial
|
| Testemuña
de orella
|
testemuña
indirecta
|
| Os
rellos da xustiza
|
os
"brazos", os recursos, os poderes da xustiza
|
| Mal
feito, mala feizón, malfacer
|
delicto,
falta
|
| (Usos)
adoitos, coller de adoito
|
usos
do costume, o costume feito norma
|
| Andar
á avinza, vir a partido
|
acordo
de conciliación, avinza
|
| Partes
conformes, pauto, vinda a pauto, axuste, compostura, ben conxeito
|
conciliación,
avinza
|
| Desconxeito
|
desavinza
|
| Tirar
confesa
|
autoinculpación
|
| Confesa
de tamborín, confesa obrigada
|
autoinculpación
baixo tortura ou presión irresistible
|
| Avogado
de lareira/ de arroleiro
|
picapreitos
|
| Ir
á penecha
|
presentarse
coa cabeza descuberta
|
| Peitar
|
pagar
|
| Cobredor
|
encubridor
|
| Malfeitor
|
delincuente,
|
| Reu
|
reo
|
| Crela,
querela
|
demanda,
querela : pra xulgar crela, as dúas orellas
|
| Alcaide,
alcalle, alcalde
|
xuíz
|
| Meiriño
|
alcalde
pedáneo
|
| Leterado
|
xurista
|
| Curial
|
¿avogado,
funcionario da Administración de Xustiza: secretario, fiscal, etc?
|
| Beleigán,
vereeiro
|
funcionario
menor
|
| Lídimo
|
lexítimo
|
| Negadiva
|
insistencia
na propia inocencia
|
| Xudicieiro
|
¿avogado?
|
| Asmar/
esmar
|
estimar
ou instruír
|
| Pesqueridor
|
instructor
|
| Rolo
|
expediente
numerado
|
| Faramalla
|
trapisonda
|
| Caloña
|
castigo,
punición
|
| Penar
|
impoñer
pena
|
| Carrasco
|
verdugo
|
| Ser
|
sedente,
estar sentado
|
| Sisudo
|
xusto,
xuizoso
|
| Formal
|
solar
dunha casa
|
| Fouzar
|
estragar
|
| Alverixar,
ollecer
|
¿mellorar,
progresar? : mante-lo foro e alverixar sen diñeiro non se fai; terma-lo
foro e ollecer sen diñeiro non pode ser
|
| Avaidar
|
envanecer
|
| Revezar
|
¿recuncar?
: o que cartos teña, á xustiza reveza
|
| Coima
de figos
|
¿minucia?
|
| Moega
|
¿asunto,
negocio?: máis val preito vello ca moega nova
|
| Reme
|
¿redimir?
: foro non reme foro
|
| Diz
|
dicir,
declarar
|
| Doos
|
dos,
perdas
|
(recollido da obriña, de moi amena e curiosa
lectura, Refráns da xustiza, Xesús Ferro Ruibal, 2º edición, AFNL - ICA
Ourense - Asociación de Xuristas en galego. 1995)
[Volver a sección de orixe ^]
|
|