Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí
barra PortadaCorreoZona internaMapa
CAG Consello da
Avogacía Galega
barra
 
  
SUBSECCIÓNS
















O Goberno establece un sistema arbitral para a resolución de queixas das persoas con discapacidade [^]
Publicado o  luns 4 de decembro do 2006.
Imprimir este artigo - Obter PDF deste artigo -Compre ter instalada a versión 7.04 de Acrobat Reader- - Visto 2028 veces
liña de separación de título
Por primeira vez, o colectivo de persoas de discapacidade disporá deste servizo de arbitraxe, semellante ao de consumo, para resolver problemas sen necesidade de acudir á vía xudicial.

O Consello de Ministros de España aprobou con data 1 de decembro de 2006, a proposta dos Ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, de Xustiza, de Sanidade e Consumo e de Vivenda, un real decreto polo que se establece e regula un sistema arbitral específico para a resolución de queixas e reclamacións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal por razón de discapacidade.

En virtude deste real decreto, as persoas con discapacidade van contar cun sistema específico de defensa dos seus intereses cando queiran dirimir a resolución dos seus conflitos sen necesidade de acudir á vía xudicial.

O modelo de sistema arbitral adoptado pretende seguir as boas prácticas e as experiencias acumuladas polo funcionamento do sistema arbitral de consumo, do que toma basicamente os elementos estruturais e procedemento de xestión.

A creación deste arbitraxe constituía unha reivindicación histórica do colectivo das persoas con discapacidade e estaba prevista na Lei de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

O sistema arbitral comprenderá as queixas e reclamacións das persoas con discapacidade nas seguintes materias:

-  Telecomunicacións e sociedade da información.
-  Espazos públicos urbanizados, infraestrutura e edificación.
-  Transportes.
-  Bens mobles e inmobles, produtos, servizos, actividades ou funcións, comercializados polas persoas físicas ou xurídicas, individuais ou colectivas, profesionais ou titulares de establecementos públicos ou privados, fixos ou ambulantes, en réxime de dereito privado.
-  Relacións coas administracións públicas no ámbito do dereito privado

As arbitraxes laborais quedan excluídas do sistema arbitral en virtude do establecido no artigo 1.4 da Lei 60/2003, de 23 de decembro, de arbitraxe.

Así tamén, créanse e regúlanse as xuntas arbitrais de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, órganos colexiados de xestión e administración do sistema arbitral.

Prevese tamén a constitución dunha Xunta Arbitral Central, que coñecerá das solicitudes de arbitraxe en relación con queixas e reclamacións que afecten a un ámbito territorial superior ao dunha Comunidade Autónoma ou a materias de competencia estatal de execución. En cada Comunidade Autónoma e nas Cidades de Ceuta e Melilla, constituirase unha Xunta Arbitral, cuxo ámbito de actuación territorial coincidirá co correspondente ao das ditas Administracións Públicas. Estas Xuntas coñecerán as queixas e reclamacións presentadas por persoas con discapacidade domiciliadas no seu ámbito territorial, así como cando, aínda non sendo así, teña lugar na dita zona a celebración, execución ou cumprimento do contrato ou a actuación que dese lugar a queixa ou reclamación, sempre que non se opoña expresamente unha das partes.

Piares do sistema
Este novo sistema pivota sobre as figuras do convenio arbitral, que é o instrumento a través do cal se documentan xuridicamente as ofertas públicas de sometemento ao sistema arbitral regulado no proxecto.

O segundo piar son as ofertas públicas, que poden ser efectuadas tanto polas persoas físicas e xurídicas de carácter privado que importen, produzan, subministren ou faciliten entornos, produtos, bens e servizos ás persoas con discapacidade, así como as asociacións representativas das persoas con discapacidade e as súas familias e as organizacións de carácter económico sen ánimo de lucro.

Por outra parte, establécese a concesión dun distintivo oficial de adhesión ao sistema arbitral de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal.

Ademais, créase un Rexistro Central de ofertas públicas de sometemento ao Sistema Arbitral de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal que será xestionado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

En relación cos árbitros, cabe sinalar que a súa designación e acreditación lles corresponde ás Xuntas Arbitrais.

A arbitraxe será en equidade, salvo que as partes acorden que sexa en dereito, os árbitros deberán ser expertos ou profesionais nalgunha das materias sobre as que poden se referir as queixas ou reclamacións, ou ben licenciados en dereito.

Os árbitros serán propostos polas Administracións públicas, as organizacións representativas das persoas con discapacidade e as súas familias e as asociacións de carácter económico sen ánimo de lucro, en ambos casos con maior implantación no ámbito territorial da Xunta Arbitral.

Establécese o criterio xeral de que a arbitraxe se realice por un colexio arbitral, aínda que a disposición adicional segunda establece que cando a contía da pretensión sexa inferior a tres mil euros, coñecerá un só árbitro, salvo que o presidente da xunta arbitral acorde a designación dun colexio arbitral.

Polo que respecta ao laudo arbitral, o prazo máximo para ditalo é de catro meses dende o inicio do procedemento, e prevese a posibilidade de que se dite laudo conciliatorio se as partes chegan a un acordo que resolva a controversia.

Fonte: Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. España

[Volver a sección de orixe ^]

Nas mesmas datas...

Anterior:
Ley 36/2006, de 29 de noviembre, de medidas para la prevención del fraude fiscal
1ro de diciembre de 2006

Posterior:
O Bierzo protesta o novo Estatuto de Castela e León por escasa e discriminatoria regulación das linguas do seu territorio, peor o galego
4 de decembro do 2006

Portada   Mapa  Contactar  Utilidades  Usuarios  Léxico  Atallo
Admin
  Avogacia.org © desde 2000
Cast     Información  
Gal
TAW. Nivel A. WCAG 1.0 WAI  |     Arriba    
//