Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí |
|||||||||||
|
![]() ![]() ![]()
|
|
|
||||||||
|
SUBSECCIÓNS
|
Aprobada a creación da figura do mediador intercultural a proposta da Secretaría Xeral de Emigración
[^]
Publicado o mércores 21 de novembro do 2007. Estás en
Arbitraxe, Mediación e ADRs >
O Goberno central, a través do Servizo Público de Emprego Estatal, dá luz verde á constitución oficial desta figura O secretario xeral de Emigración fixo este anuncio durante a inauguración das Xornadas sobre Migracións, Progreso e Interculturalidade O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, anunciou hoxe que o Servizo Público de Emprego Estatal vén de aprobar, a proposta do Goberno galego, a creación profesional da figura do mediador intercultural e a súa inclusión nos diversos servizos públicos de emprego das autonomías. A proposta aprobouse por unanimidade de toda as comunidades autónomas e en base a un amplo estudo realizado no marco do proxecto da iniciativa comunitaria Equal “Convive+”, que lidera a Secretaría Xeral de Emigración. A figura do mediador xa estaba estendida na práctica con distintas denominacións, traballando en diferentes institucións públicas e privadas do Estado, pero ata o de agora non estaba recoñecida como ocupación a efectos dos servizos públicos de emprego. A nova ocupación conterá de funcións asociadas á intervención social en contextos multiculturais para potenciar a comunicación entre culturas e a convivencia intercultural e para previr, resolver, reformular políticas en situación de convivencia de diversas culturas nun mesmo territorio. Entre estas funcións están a intermediación e interpretación dos códigos socio-lingüísticos e culturais dos actores sociais, en especial das persoas inmigrantes; desenvolver políticas para a prevención e resolución de conflitos interculturales; e mediar na negociación e consecución de acordos contractuais para as partes en litixio en situación de conflito social. As súas funcións poderán desenvolverse nas áreas de intervención social ou de atención ao cidadán nos eidos dos servizos sociais, sanidade, educación, xustiza, emprego, etc. en entidades tanto públicas como da iniciativa privada, como entidades prestadoras de servizos, asociacións de inmigrantes, sindicatos, etc. O responsable de Emigración, que fixo este anuncio durante a inauguración das xornadas “Migracións, Progreso e Interculturalidade”, subliñou que nos próximos anos dous son os retos para dar resposta axeitada ao fenómeno da inmigración. Por unha parte, dispor de políticas adecuadas de integración, e por outra, aproveitar as oportunidades de desenvolvemento que habilita a emigración fronte aos seus custes, é dicir, fronte á desigualdade que provoca. Diversidade e pluralismo
As formas de propiciar este escenario son múltiples, pero sempre vividas dende os principios comúns do respecto, o recoñecemento, e a garantía dos dereitos como motor do proceso de acomodación da poboación inmigrante na sociedade galega, asegurou. |
Nas mesmas datas...
Anterior: Xornada ’Estatuto do traballo autónomo: traballo autónomo e relacións laborais’ 21 de novembro do 2007 Posterior: Real Decreto 1515/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el Plan General de Contabilidad de Pequeñas y Medianas Empresas y los criterios contables específicos para microempresas 21 de novembro do 2007 |
| Admin |
| Avogacia.org © desde 2000 |
|
|
Arriba |