Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí |
|||||||||||
|
![]() ![]() ![]()
|
|
|
||||||||
|
SUBSECCIÓNS
|
A avogacía compostelá polo dereito a usar a lingua propia de Galicia
[^]
Publicado o venres 2 de maio do 2008. Estás en
Consello >
Vida profesional >
NOTA DE PRENSA Santiago de Compostela, 30 de abril de 2008. A Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 29/04/2008, por iniciativa da Agrupación de Xoves Avogados de Compostela, tomou o seguinte acordo: “En relación coa polémica suscitada nas últimas semanas polo uso do galego nos tribunais de xustiza e facendo propias as declaracións emitidas no seu día polo conxunto da avogacía compostelá, esta Xunta de Goberno quere recordar que: 1. Avogamos polo dereito a usar a lingua propia de Galicia na vida pública e privada. 2. Avogamos por unir esforzos con todos os operadores xurídicos que actúan no ámbito da xustiza co fin de acadar a normalización efectiva da nosa lingua. 3. Avogamos por eliminar todos os obstáculos que impiden o uso libre do galego no exercicio profesional e rexeitamos expresa e rotundamente toda actividade ou actitude que trate de utilizar este dereito como arma xurídica. 4. Avogamos por contribuír ao prestixio e ao enriquecemento do galego xurídico asumindo de noso este reto. Así mesmo, ofrecemos o noso apoio e solidariedade a todos aqueles operadores xurídicos que vexan menoscabados os anteriores propósitos. Neste senso, consideramos especialmente correcta a actuación da maxistrada D.ª Ana López-Suevos Fraguela e solicitamos unha condena rotunda contra todos aqueles que pretendan alterar os obxectivos enunciados.” |
Nas mesmas datas...
Anterior: Sentenza que amplia o beneficio da xustiza gratuíta á acusación particular 23 de abril do 2008 Posterior: O dereito dos concelleiros á información. Garantías para o seu exercicio 5 de maio do 2008 |
| Admin |
| Avogacia.org © desde 2000 |
|
|
Arriba |