Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí
barra PortadaCorreoZona internaMapa
CAG Consello da
Avogacía Galega
barra
 
  
SUBSECCIÓNS
















A Avogada galega Mayte Cruz fala da súa participación na defensa das familias no xuízo dos feminicidios de Ciudad Juárez [^]
Nota de prensa
Publicado o  martes 5 de maio do 2009.
Imprimir este artigo - Obter PDF deste artigo -Compre ter instalada a versión 7.04 de Acrobat Reader- - Visto 214 veces
liña de separación de título


-  Do 27 ao 30 de abril, desenvolveuse en Santiago de Chile unha vista na que se solicitaba que a declaración da responsabilidade do Estado Mexicano pola violación dos dereitos fundamentais en torno aos crimes de Ciudad Juárez

-  Entre os axentes participantes estiveron familias e asociacións das vítimas, ademais da Comisión Interamericana de Derechos Humanos

-  Financiando a participación da letrada galega Mayte Cruz na defensa das familias das vítimas, o CAG implícase neste proceso de interese internacional

Mañá mércores 6 de maio terá lugar no Colexio de Avogados da Coruña ás 11 horas un acto no que Dna. Mayte Cruz informará da vista que tivo lugar entre os días 27 e 30 de abril en Santiago de Chile, na Corte Iberoamericana de Derechos Humanos. Durante estes días o Estado Mexicano foi xulgado pola súa responsabilidade nos feminicidios de Ciudad Juárez, participando tanto familiares como asociacións de vítimas. O Consello da Avogacía Galega aposta pola defensa dos dereitos humáns, implicándose na defensa das familias das vítimas dos feminicidios que, nos últimos anos, sucedéronse en Ciudad Juárez (México). Este apoio plásmase no financiamento da participación da letrada ourensá Mayte Cruz, como apoio á defensa xurídica das familias das vítimas, solicitando que se declare a responsabilidade do Estado Mexicano por violación de dereitos fundamentais.

Rolda de Prensa:

Data e hora:

mércores, 06 de maio ás 11 horas

Sede:

Colexio de Avogados da Coruña, Federico Tapia, 11, Baixo

Interveñen:

-  D. Jesús Varela Fraga. Presidente do Consello da Avogacía Galega e Decano do Colexio de Avogados da Coruña

-  Dna. Mayte López Pérez-Cruz. Presidenta da Federación Galega de Xóves Avogados e Presidenta de Confederación Española de Abogados Jóvenes.


[Volver a sección de orixe ^]

Nas mesmas datas...

Anterior:
Don Jesús Varela Fraga, Decano do Colexio de Avogados da Coruña, elixido novo presidente do Consello da Avogacía Galega
5 de maio do 2009

Posterior:
A avogada galega Mayte Cruz fala da súa presencia no xuízo dos feminicidios de Ciudad Juárez
6 de maio do 2009

Portada   Mapa  Contactar  Utilidades  Usuarios  Léxico  Atallo
Admin
  Avogacia.org © desde 2000
Cast     Información  
Gal
TAW. Nivel A. WCAG 1.0 WAI  |     Arriba    
//