Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí
barra PortadaCorreoZona internaMapa
CAG Consello da
Avogacía Galega
barra
 
  
SUBSECCIÓNS
















A avogada galega Mayte Cruz fala da súa presencia no xuízo dos feminicidios de Ciudad Juárez [^]
Nota de prensa
Publicado o  mércores 6 de maio do 2009.
Imprimir este artigo - Obter PDF deste artigo -Compre ter instalada a versión 7.04 de Acrobat Reader- - Visto 260 veces
liña de separación de título
Estás en Consello >


-  Na súa presentación estivo acompañada por D. Jesús Varela Fraga, Presidente do Consello de Avogacía Galega, organismo implicado neste proceso internacional, financiando a participación de Mayte Cruz na defensa das vítimas.

Na mañá de hoxe tivo lugar na sede do Colexio de Avogados da Coruña un acto no que Mayte Cruz informou de la vista celebrada entre o 23 de abril e o 3 de maio na Corte Interamericana de Derechos Humanos sobre o Caso “Campo Algodonero”, na cidade de Santiago de Chile. Nesta vista solicitábase a declaración de responsabilidade do Estado Mexicano nos femenicidios de Ciudad Juárez en nela participou Mayte Cruz como apoio institucional á defensa e en representación do Consello de Avogacía Galega e da Confederación Española de Abogados Jóvenes.

Entre as partes demandantes estiveron a Comisión Interamericana de Derechos Humanos e os representantes das vítimas, solicitando á Corte Interamericana unha Sentencia Condenatoria nos seguintes termos:

Que se declare a responsabilidade Internacional dos Estados Unidos Mexicanos pola violación do dereito á vida, dereito á integridade persoal e dereito ás garantías xudiciais, esixindo ao Estado:

1. Que se investiguen os asasinatos das vítimas e se xulgue aos culpables.

2. Que se dignifique a memoria das vítimas

3. Que se destitúa aos funcionarios públicos que no ano 2001 e subseguintes non realizaron as súas funcións coa dilixencia debida.

4. Que se investiguen as denuncias existentes das familias das vítimas, que sofren ameazas, acoso e persecución.

Para Mayte Cruz, “esta vista oral foi unha gran experiencia profesional, persoal e emocional. Declararon as nais de tres vítimas, dúas delas menores de idade, e recoñeceron que en oito anos ninguén lles informou do desenvolvemento da investigación, descubriron a identidade do corpo das súas fillas polos medios de comunicación e nunca os chegaron a ver. Tanto elas como as súas familias teñen recibido ameazas e acosos por parte do Estado. Mentres que elas fixeron e pegaron os carteis de “busca”, o Estado destruía probas, non custodiou evidencias e non buscou ás desaparecidas pese a haber recibido formalmente a interposición da denuncia”.

O Estado pola súa banda, admitiu parte dos feitos que se lle imputan, se allana parcialmente á demanda, de tal xeito que recoñece a súa responsabilidade durante os anos 2001 a 2004 inclusive. Sen embargo, do ano 2005 á actualidade din haber feito modificacións importantes no sistema procesual penal.

“O certo é que quedou probado que este novo sistema xudicial no deu ningún resultado ata la fecha xa que dende o mes de xullo de 2005 non se abriu ningún proceso penal, no se procesara a ninguén polo femicidio destas tres mulleres”, conclúe Mayte Cruz. “Seguen sen informar “motu propio” ás nais, seguen desaparecendo mulleres,seguen os feminicidios... Seguen sen contar con funcionariado especializado en violencia de xénero, seguen sen buscar “trazos comúns entre todos os casos”, isto é, sen contextualizar, sen estudar a posibilidade dun “patrón violento e periódico”, en definitiva, continúan os dezaseis anos de impunidade en Ciudad Juárez....”


[Volver a sección de orixe ^]

Nas mesmas datas...

Anterior:
A Avogada galega Mayte Cruz fala da súa participación na defensa das familias no xuízo dos feminicidios de Ciudad Juárez
5 de maio do 2009

Posterior:
VIII Congreso Internacional da Sociedade Cubana de Ciencias Penais
25 de maio do 2009

Portada   Mapa  Contactar  Utilidades  Usuarios  Léxico  Atallo
Admin
  Avogacia.org © desde 2000
Cast     Información  
Gal
TAW. Nivel A. WCAG 1.0 WAI  |     Arriba    
//