Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí |
|||||||||||
|
![]() ![]() ![]()
|
|
|
||||||||
|
SUBSECCIÓNS
|
O Presidente do Tribunal Supremo reúnese co Pleno do Consello da Avogacía Galega para analizar o estado da xustiza en Galicia
[^]
Nota de prensa
Publicado o xoves 2 de xullo do 2009.
Estás en
Consello >
• No encontro entre o Presidente do Tribunal Supremo e o Consello da Avogacía, D. Carlos Dívar fixo unha aposta polo incremento da colaboración entre a avogacía galega e o Tribunal Superior de Xustiza, mediante a firma dun convenio entre ambas entidades • Esta xuntanza enmárcase na visita institucional de D. Carlos Dívar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante a que reuniuse cos 7 Decanos dos Colexios de Avogados de Galicia, que compoñen o Pleno do Consello da Avogacía Galega O Consello da Avogacía Galega vén de manter unha reunión có Presidente do Tribunal Supremo, D. Carlos Dívar, que estivo hoxe na Coruña en visita institucional ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nesta mesma sede, celebrouse a reunión entre o Presidente do Supremo e os 7 decanos da Avogacía galega, que compoñen o pleno do Consello, co fin de analizar a situación da xustiza galega no momento actual. No marco desta xuntanza, D. Carlos Dívar fixo unha firme aposta pola creación dun convenio que favoreza unha estreita colaboración entre o Tribunal Superior de Xustiza e o Consello da Avogacía Galega, como máximos representantes da administración de xustiza e da avogacía respectivamente. O Presidente do Tribunal Supremo loou a labor da avogacía nesta tarefa, e destacou a necesidade desta colaboración para pular o mellor desenvolvemento da administración da xustiza na que a avogacía xoga un papel principal, como colaborador esencial no seu desenvolvemento. En palabras de Jesús Varela Fraga, presidente do Consello da Avogacía Galega :”Moitas veces teño falado da importancia dun diálogo aberto, como clave na dinámica de traballo do Consello. E, dende logo, o encontro co Presidente do Tribunal Supremo ten sido moi positivo, una oportunidade para a xustiza galega de levar a cabo un intercambio de puntos de vista cun dos máximos representantes da xudicatura española,o que sen dúbida é unha boa fórmula para ampliar a nosa perspectiva e acadar solucións. Aínda que as solucións deben vir a través da Administración autonómica, en forma de financiamento, para paliar as carencias de medios humanos e materiais que afectan á xustiza galega”. |
Nas mesmas datas...
Anterior: Mestrado universitario en lingua e usos profesionais 25 de xuño do 2009 Posterior: II Premio Alicia Herrera sobre muller e dereito 2 de xullo do 2009 |
| Admin |
| Avogacia.org © desde 2000 |
|
|
Arriba |