Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí
barra PortadaCorreoZona internaMapa
CAG Consello da
Avogacía Galega
barra
 
  
SUBSECCIÓNS
















Recursos públicos de atención ás mulleres vítimas de violencia doméstica [^]
Publicado o  mércores 9 de marzo do 2005.
Imprimir este artigo - Obter PDF deste artigo -Compre ter instalada a versión 7.04 de Acrobat Reader- - Visto 3950 veces
liña de separación de título

1. Centros de información ás mulleres (CIM)

Os centros de información ás mulleres, creados pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado a través do Servizo Galego de Igualdade e regulados polo Decreto 182/2004, do 22 de xullo (DOG nº 150 do 4 de agosto), teñen, entre outras, as seguintes funcións:

1. Información e asesoramento xurídico. 2. Atención psicolóxica. 3. Información sobre os recursos dispoñibles no ámbito territorial. 4. Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller. 5. Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.

Existen centros en:

A CORUÑA: Ares, Arteixo, Arzúa, Boiro, Carballo, Cee, Coirós, Culleredo, Curtis, Ferrol, Melide, Muxía, Negreira, Ordes, Ortigueira, Outes, Padrón, As Pontes, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Zas. LUGO: Burela, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro. OURENSE: O Barco, Castro Caldelas, Maceda, Ourense, Viana do Bolo, Verín e Xinzo de Limia. PONTEVEDRA: Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Gondomar, A Estrada, A Guarda, O Grove, Lalín, Marín, Moaña, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Vigo e Vilanova de Arousa. Os seus enderezos son os seguintes:

A CORUÑA

Centro

Enderezo

Teléfono

CIM de Ares

Rúa Consistoio, s/n

r15624 Ares

981-468102

CIM de Arteixo

Rúa Ria de Noia, 2 15142 Arteixo

981640836

CIM de Arzúa

Rúa Basilio Crril, s/n

a15810 Arzúa

981-191293

CIM de Boiro

Rúa Principal, s/n - Concello 15930 Boiro

981-844800

CIM de Carballo

Camiño Novo, 7 - entreplanta 15100 Carballo

981-700688

CIM de Cee

Rúa Domingo Antonio de Andrade, S/N 15270 Cee

981-745574

CIM de Coirós

Coirós de Arriba, 16 15316 Coirós

981-796414

CIAM de A Coruña

Avda. Glasgow, 10. 15008 A Coruña

981-282024 981-282044

CIM de Culleredo

Rúa Costa da Lonxa, 7 - Baixo 15670 Culleredo

981-654570

CIM de Curtis ( http://www.cimcurtis.com )

Praza de España, 1 15310 Teixeiro - Curtis

981-789003

CIM de Ferrol

Rúa Lugo, 56 - 1º 15402 Ferrol

981-944230

CIM de Melide

Praza do Convento, 5 15800 Melide

981-505706

CIM de Muxía

Rúa Real, 35 15124 Muxía

981-742117

CIM de Negreira

Rúa do Carme, 3 - 2º 15830 Negreira

981-885250

CIM de Padrón

Centro Social - Campo do Souto, 2 15900 Padrón

981-811329

CIM de As Pontes

Rúa Rosalía de Castro, 26 - 2º - Edificio Casa Dopeso 15320 As Pontes

981-441008

CIM de Ordes

Rúa Alfonso Senra, 108 15680 Ordenes

981-680002

CIM de Ortigueira

Rúa Recheo da Alameda, s/n 15330 Ortigueira

981-400306

CIM de Outes

Praza do Bosque, s/n 15230 Serra de Outes

981-850949

CIM de Riveira

Rúa Correios,

515960 Riveira

981-874131

CIM de Santa Comba

Praza do Concello, 1 15841 Santa Comba

981-880075

CIM de Zas

Praza do Campo, 1 15850 Zas

981-708303

LUGO

Centro

Enderezo

Teléfono

CIM de Burela

Rúa Eijo Garay, 20 (Casa do Concello) 27880 Burela

982-580609

CIM de Chantada

Praza de España, 1 - Baixo. Antiga casa consistorial. 27500 Chantada

982-462299



988-203000

CIM de Lugo

Avda. da Coruña, 212 27003 Lugo

982-206336

CIM de Mondoñedo

Estrada dos Remedios, s/n - (Edificio Inem, Baixo) 27740 Mondoñedo

982-521369

CIM de Monforte

Campo de San Antonio, s/n 27400 Monforte

982-416350

CIM de Quiroga

Rúa Real, 52 27320 Quiroga

982-428001

CIM de Ribadeo

Praza de España, 1 27700 Ribadeo

982-188650

CIM de Sarria

Rúa Matías López, 33 27600 Sarria

982-535061

CIM de Vilalba

Praza da Constitución, 1 27800 Vilalba

982-523032

CIM de Viveiro

Claustro de San Francisco - Avda. de Cervantes, s/n 27850 Viveiro

982-550421

OURENSE

Centro

Enderezo

Teléfono

CIM de O Barco

Praza do Concello, 1 - baixo 32300 O Barco de Valdeorras

988-320202

CIM de Castro Caldelas

Rúa do Concello, 1 32760 Castro Caldelas

CIM de Maceda

Rúa Toural, 2 32700 Maceda

988-463001

CIM de Ourense

Rúa Capitán Eloy, 20 - entrechán 32003 Ourense

988-374401

CIM de Verín

Avda. de Portugal, 11 32600 Verín

988-411341

CIM de Viana do Bolo

988-340120

CIM de Xinzo de Limia

Rúa Curros Enríquez, 15 - 17 32630 Xinzo de Limia

988-550023

PONTEVEDRA

Centro

Enderezo

Teléfono

CIM de Caldas de Reis

Rúa Pepe Rada, 3

36650 Caldas de Reis

986-541072

CIM de Cambados

Rúa Ourense - Edif. Servizos Múltiples, 3º

36630 Cambados

986-520510

CIM de Cangas

Avda. de Ourense, 46

36940 Cangas

986-303402

CIM de A Estrada

Praza da Constitución, 1 36680 A Estrada

986-590151

CIM de Gondomar

Casa da Cultura Rúa Portugal, 2 - baixo 36380 Gondomar

986-360224

CIM de O Grove

Rúa Castelao, 173 - Baixo 36980 O Grove

986-730900

CIM de A Guarda

Praza do Reló, s/n 36780 A Guarda

986-614648

CIM de Lalín

Rúa Mercado, s/n 36500 Lalín

986-782352

CIM de Marín

Rúa Méndez Núñez, Baixo 36900 Marin

986-891802

CIM de Moaña

As Barxas, S/N 36950 Moaña

986-313600

CIM de Nigrán

Cruce Rua Mariñeiro. Estrada Pola Vía, S/N

986-383081



36350 Nigran

CIM de Poio

Rúa Domingo Fontán, 4A 36005 Poio

986-874238

CIM de Ponteareas

Rúa Oriente, 8 36860 Ponteareas

986-641747

CIM de Pontevedra

Rúa Jofre de Tenorio, 1 36002 Pontevedra

900-119741

CIM de Porriño

Rúa Domingo Bueno, 2 36400 Porriño

986-337429

CIM de Sanxenxo

Rúa Rafael Pico, 4 36970 Sanxenxo

986-727901

CIM de Silleda

Rúa Alfonso Trabazo, 3 - entrechan 36540 Silleda

986-580000

CIM de Soutomaior

Rúa Illas Alvedosas, 3 36690 Arcade

986-701227

CIM de Vigo

Rúa Romil, 20 36208 Vigo

986-293963

CIM de Vilanova

Avda. González Besada, s/n 36620 Vilanova de Arousa

986-554845

2. Atención 24 horas. Teléfono da Muller e Centro 24 horas.

O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día e ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Este servizo está atendido por un equipo multidisciplinar do Servizo Galego de Igualdade e do Centro 24 horas coordinado con diferentes profesionais de toda Galicia, de forma que calquera muller poida facer unha consulta, tanto en horario laborable como en horario nocturno e en días non laborables. Desde o Teléfono da Muller infórmase e asesórase sobre cuestións relacionadas coas seguintes materias:
-  Separacións, divorcios, abandonos do fogar, sentencias incumpridas...
-  Malos tratos, vexacións, ameazas, agresións sexuais, acoso sexual...
-  Cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego, creación de empresas...
-  Discriminación laboral, permisos por maternidade e paternidade, apoio á contratación...
-  Servizos sociais, centros de acollida, centros de información ás mulleres, programas para mulleres desfavorecidas, servizos policiais, gabinetes de orientación, centros de planificación familiar...
-  Educación para a igualdade, materiais non sexistas, publicidade discriminatoria...
-  Apoio ó asociacionismo, xornadas, seminarios, subvención a asociacións, publicacións...
-  Políticas de igualdade, proxectos europeos, actuacións doutros organismos...

O área de intervención do Plan de acción 2000-2005 contra a violencia de xénero en Galicia, entre outras actuacións, estableceu a creación dun servizo de emerxencia 24 horas para atender de xeito integral os casos de violencia. Este Centro de información e asesoramento ás mulleres, presta apoio asistencial e no seu caso derivación inmediata a un recurso axeitado (asistencia sanitaria, centros de acollida, asesoramento xurídico individualizado, forzas e corpos de seguridade do Estado...). Así, este servizo ofrece información inmediata en canto ás súas posibilidades de acción, co soporte dos recursos existentes na Comunidade Autónoma galega para que as usuarias poidan superar a situación de violencia e comezar o seu camiño de independencia e igualdade. O obxectivo último é que a usuaria perciba a información e vexa resoltas as súas dúbidas inmediatas en orde á toma de decisións, control da súa propia vida e desenvolvemento persoal. O Centro 24 horas é un servizo gratuíto e anónimo prestado para toda a Comunidade Autónoma, as 24 horas do día durante todo o ano. Réxese polas seguintes pautas de actuación:
-  Voluntariedade da persoa que demanda a información e consulta.
-  Anonimato e confidencialidade.
-  Gratuidade do servizo.
-  Inclusión da perspectiva de xénero nas súas actuacións.

3. Punto de coordinación das Ordes de Protección

A Lei de Enxuizamento Criminal, segundo redacción dada pola Lei 27/2003, de 31 de xullo no seu apartado 8º establece que “A orde de protección será notificada ás partes, e comunicada polo xuíz inmediatamente, mediante testemuña íntegra, á vítima e ás administracións públicas competentes para a adopción de medidas de protección sexan estas de seguridade ou de asistencia social, xurídica, sanitaria, psicolóxica ou de calquera outra índole. A estes efectos establecerase regulamentariamente un sistema integrado de coordinación administrativa que garanta a axilidade destas comunicacións.” O Protocolo para a Implantación da Orde de Protección, no seu epígrafe 3.4, parágrafo 3º, apartado 2º, prevé o establecemento dun sistema de comunicación que permita a rápida remisión da orde de protección dende o Xulgado ao Punto de Coordinación. Así mesmo, o Real Decreto 355/2004 de 5 de marzo polo que se regula o Rexistro Central para a protección das vítimas de violencia doméstica, recolle na súa Disposición Adicional Única a “comunicación das ordes de protección ás Administracións públicas competentes en materia de protección social”, e a tal efecto establece que “Os secretarios dos xulgados e tribunais comunicarán as ordes de protección das vítimas de violencia doméstica que se adopten e as súas respectivas solicitudes, mediante testemuña íntegra, a aquel ou aqueles puntos de coordinación designados pola comunidade autónoma correspondente, que constitúan a canle única de notificación destas resolucións a centros, unidades, organismos e institucións competentes en materia de protección social en relación con estas vítimas, de acordo co establecido no apartado 8 do artigo 544 da Lei de Enxuizamento Criminal”. Na Comunidade Autónoma de Galicia foi designado o Centro de Información e Asesoramento á Muller de A Coruña como Punto de Coordinación das Ordes de Protección de Galicia (PCOP). Avda. Glasgow, 10 15008 A Coruña Teléfonos: 981 282024 - 981 282044

4. Protocolo para atención e protección de mulleres vítimas de malos tratos

O día 21 de novembro de 2003 asinouse o protocolo de actuación e coordinación entre a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a Consellería de Xustiza, Interior e Administración local para a atención e protección de mulleres vítimas de malos tratos. Este protocolo ten por obxecto establecer as condicións de colaboración entre ámbalas dúas Consellerías co fin de prestarlles ás vítimas de malos tratos a atención e protección debida. Entre os obxectivos do protocolo, compréndense os seguintes:

• Poñer a disposición das vítimas de malos tratos un dispositivo de alarma consistente nunha unidade de teleasistencia, a través dun aparato que se poderá activar nunha situación de emerxencia, para localizar dun xeito efectivo ás vítimas en situación de risco.

• Que a Policía Autonómica, en casos de gravidade e urxencia (risco vital, asistencia sanitaria, flagrancia de delito...), en función dos recursos dispoñibles, se encargue de levar a cabo as actuacións de coordinación necesarias para a protección e traslado das mulleres vítimas de malos tratos.

• A través do teléfono 112 centralizanse as chamadas para levar a cabo a citada asistencia.


[Volver a sección de orixe ^]

Nas mesmas datas...

Anterior:
Andalucía tamén reclama a última instancia para os tribunais superiores de Xustiza
8 de marzo do 2005

Posterior:
A demanda de oficialización do galego na UE acada unha primeira acollida favorable
11 de marzo do 2005

Portada   Mapa  Contactar  Utilidades  Usuarios  Léxico  Atallo
Admin
  Avogacia.org © desde 2000
Cast     Información  
Gal
TAW. Nivel A. WCAG 1.0 WAI  |     Arriba    
//