Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí
barra PortadaCorreoZona internaMapa
CAG Consello da
Avogacía Galega
barra
 
  
SUBSECCIÓNS
















Usos oficiais do Galego na UE
A demanda de oficialización do galego na UE acada unha primeira acollida favorable [^]
Europa plurilingüe : ES| CS| DA| DE| ET| EL| EN| FR| IT| LV| LT| HU| MT| NL| PL| PT| SK| SL| FI| SV
Publicado o  venres 11 de marzo do 2005.
Imprimir este artigo - Obter PDF deste artigo -Compre ter instalada a versión 7.04 de Acrobat Reader- - Visto 1870 veces
liña de separación de título
Estás en Servizos > SAL >
Galego, éuscaro e catalán ("...a lingua que se denomina catalán na Comunidade Autónoma de Cataluña e na das Illes Balears e que se denomina valenciano na Comunidade Valenciana") deron un primeiro paso ao seu uso oficial, que será sempre restrinxido, polas institucións comunitarias, malia que son linguas con máis falantes europeos que as dalgúns dos estados que como Malta, Letonia, Lituania teñen pleno recoñecemento oficial.

A solicitude española foi examinada onte por primeira vez no ámbito de embaixadores, xunto coa demanda de Irlanda de que se recoñeza o gaélico como lingua oficial (é un caso distinto ao ser lingua oficial do estado irlandés. Ningún estado membro se opuxo frontalmente a esta solicitude, pero si que houbo preguntas dos embaixadores sobre como ía funcionar o recoñecemento destas linguas, a súa presenza no Diario Oficial das Comunidades Europeas ou o seu custo económico.

Custos

A Comisión Europea ten o encargo de examinar o custo económico que tería o recoñecemento destas linguas. Irlanda prevé que traducir ao gaélico a lexislación principal da UE ascenderá a medio millón de euros ao ano. Tamén solicitaron máis aclaracións sobre os aspectos xurídicos. O memorándum presentado polo Goberno español o mes pasado de decembro reclama que todas as linguas rexionais españolas sexan "oficiais e de traballo" na UE.

España farase cargo de todos os "gastos administrativos" que xere nas institucións da UE o uso destas linguas, e proporcionará tradutores e intérpretes como "expertos nacionais destacados". Irlanda quere promover o uso na UE do gaélico, que na actualidade está recoñecido como lingua de Tratado.

Cos novos países, as linguas oficiais pasaron a ser 20: alemán, dinamarqués, español, finlandés, francés, grego, inglés, italiano, holandés, portugués, sueco, polaco, checo, eslovaco, esloveno, estonio, húngaro, letón, lituano e maltés.

Previsión de usos

Os cidadáns poderían dirixirse ás institucións comunitarias na súa lingua e terían dereito a recibir resposta nelas. As linguas cooficiais utilizaríanse nos plenos do Comité das Rexións, a Eurocámara e se é o caso o Consello, sempre que se solicite cunha antelación de 7 días hábiles.

Ademais, o Goberno reclama á UE a publicación dos textos finais adoptados por procedemento de codecisión entre o Consello e o Parlamento.

Fonte: Galicia-Hoxe

[Volver a sección de orixe ^]

Nas mesmas datas...

Anterior:
Recursos públicos de atención ás mulleres vítimas de violencia doméstica
9 de marzo do 2005

Posterior:
O responsable do bufete Del Valle ingresa en prisión acusado de ser o "cerebro" da trama mafiosa de Marbella
15 de marzo do 2005

Portada   Mapa  Contactar  Utilidades  Usuarios  Léxico  Atallo
Admin
  Avogacia.org © desde 2000
Cast     Información  
Gal
TAW. Nivel A. WCAG 1.0 WAI  |     Arriba    
//