Esta vendo unha version antiga da web. Pode acceder a nova aquí
barra PortadaCorreoZona internaMapa
CAG Consello da
Avogacía Galega
barra
 
  
SUBSECCIÓNS
















Goberno
Proxecto de Lei de arrendamentos rústicos [^]
Publicado o  martes 22 de marzo do 2005.
Imprimir este artigo - Obter PDF deste artigo -Compre ter instalada a versión 7.04 de Acrobat Reader- - Visto 1812 veces
liña de separación de título

O Consello de Ministros aprobou onte a remisión ás Cortes do Proxecto de Lei de arrendamentos rústicos, que introduce importantes modificacións na normativa vixente.

O texto aprobado define a figura do agricultor profesional: establece que os arrendamentos poderán realizarse entre persoas físicas ou xurídicas e precisa que poderán ser arrendatarias as cooperativas agrarias, as cooperativas de explotación comunitaria da terra, as sociedades agrarias de transformación e as comunidades de bens.

Período mínimo de arrendamento

Amplía o período mínimo de duración do arrendamento a cinco anos, prazo que permite rendibilizar en termos económicos a explotación agraria, evitando os riscos que comportan os arrendamentos por períodos máis curtos, que poden propiciar medidas de laboreo encamiñadas a optimizar en moi pouco tempo un beneficio, o que podería producir a esquilmación da terra (léase "evitar utilización de químicas agresivas de fertilización").

Preténdese que haxa tempo para a rotación de cultivos necesaria, facilitar a amortización dos investimentos realizados e a percepción de axudas que, como no caso das comunitarias para a mellora das explotación, esixen compromisos de manter un mínimo de cinco anos a actividade subvencionada.

Extensión do arrendamento

Establecense límites na extensión do arrendamento. Desta forma as persoas físicas que sexan xa titulares dunha explotación agraria, ou de varias, terán unha certa limitación nas superficies obxecto de contrato, que será definida polos órganos competentes das comunidades autónomas; pero non poderán en calquera caso superar as 500 hectáreas de secano ou 50 hectáreas de regadío e fíxase un límite máximo de 1000 hectáreas cando se trate dunha finca para aproveitamento gandeiro en réxime extensivo.

En caso de arrendamento por parte de cooperativas agrarias e cooperativas creadas para a explotación comunitaria da terra, o límite antes citado multiplicarase polo número de membros que as compoñan.

Nun marco de xeral flexibilidade establecese para o arrendatario a obrigación de respectar os cerramentos ou cercados do predio arrendado se separan dous ou máis predios integrados nunha mesma unidade de explotación (caso á parte serían as obras de mellora para accesibilidade nos edificios que sirvan de vivenda)

Tanteo e retracto

Outro dos aspectos é a introdución do dereito de tanteo e retracto, que posibilitará a adquisición de novas terras, e determínanse as condicións e prazos para exercer o dereito de adquisición ou retracto.

La nueva normativa dá prioridade á incorporación de agricultores novos co fin de lograr un obxectivo primordial: a renovación xeracional do sector.


[Volver a sección de orixe ^]

Nas mesmas datas...

Anterior:
Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia
22 de marzo do 2005

Posterior:
Sobre competencias en materia lingüística entre o Estado e as CCAA (Administración e funcionarios)
23 de marzo do 2005

Portada   Mapa  Contactar  Utilidades  Usuarios  Léxico  Atallo
Admin
  Avogacia.org © desde 2000
Cast     Información  
Gal
TAW. Nivel A. WCAG 1.0 WAI  |     Arriba    
//