| Imprimir esta páxina |
1. Centros de información ás mulleres (CIM)
Os centros de información ás mulleres, creados pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado a través do Servizo Galego de Igualdade e regulados polo Decreto 182/2004, do 22 de xullo (DOG nº 150 do 4 de agosto), teñen, entre outras, as seguintes funcións:
1. Información e asesoramento xurídico. 2. Atención psicolóxica. 3. Información sobre os recursos dispoñibles no ámbito territorial. 4. Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller. 5. Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
Existen centros en:
A CORUÑA: Ares, Arteixo, Arzúa, Boiro, Carballo, Cee, Coirós, Culleredo, Curtis, Ferrol, Melide, Muxía, Negreira, Ordes, Ortigueira, Outes, Padrón, As Pontes, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Zas. LUGO: Burela, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro. OURENSE: O Barco, Castro Caldelas, Maceda, Ourense, Viana do Bolo, Verín e Xinzo de Limia. PONTEVEDRA: Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Gondomar, A Estrada, A Guarda, O Grove, Lalín, Marín, Moaña, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Vigo e Vilanova de Arousa. Os seus enderezos son os seguintes:
|
A CORUÑA
|
|
Centro
|
Enderezo
|
Teléfono
|
|
CIM de Ares
|
Rúa Consistoio, s/n
r15624 Ares
|
981-468102
|
|
CIM de Arteixo
|
Rúa Ria de Noia, 2 15142 Arteixo
|
981640836
|
|
CIM de Arzúa
|
Rúa Basilio Crril, s/n
a15810 Arzúa
|
981-191293
|
|
CIM de Boiro
|
Rúa Principal, s/n - Concello 15930 Boiro
|
981-844800
|
|
CIM de Carballo
|
Camiño Novo, 7 - entreplanta 15100 Carballo
|
981-700688
|
|
CIM de Cee
|
Rúa Domingo Antonio de Andrade, S/N 15270 Cee
|
981-745574
|
|
CIM de Coirós
|
Coirós de Arriba, 16 15316 Coirós
|
981-796414
|
|
CIAM de A Coruña
|
Avda. Glasgow, 10. 15008 A Coruña
|
981-282024 981-282044
|
|
CIM de Culleredo
|
Rúa Costa da Lonxa, 7 - Baixo 15670 Culleredo
|
981-654570
|
|
CIM de Curtis ( http://www.cimcurtis.com )
|
Praza de España, 1 15310 Teixeiro - Curtis
|
981-789003
|
|
CIM de Ferrol
|
Rúa Lugo, 56 - 1º 15402 Ferrol
|
981-944230
|
|
CIM de Melide
|
Praza do Convento, 5 15800 Melide
|
981-505706
|
|
CIM de Muxía
|
Rúa Real, 35 15124 Muxía
|
981-742117
|
|
CIM de Negreira
|
Rúa do Carme, 3 - 2º 15830 Negreira
|
981-885250
|
|
CIM de Padrón
|
Centro Social - Campo do Souto, 2 15900 Padrón
|
981-811329
|
|
CIM de As Pontes
|
Rúa Rosalía de Castro, 26 - 2º - Edificio Casa Dopeso 15320 As Pontes
|
981-441008
|
|
CIM de Ordes
|
Rúa Alfonso Senra, 108 15680 Ordenes
|
981-680002
|
|
CIM de Ortigueira
|
Rúa Recheo da Alameda, s/n 15330 Ortigueira
|
981-400306
|
|
CIM de Outes
|
Praza do Bosque, s/n 15230 Serra de Outes
|
981-850949
|
|
CIM de Riveira
|
Rúa Correios,
515960 Riveira
|
981-874131
|
|
CIM de Santa Comba
|
Praza do Concello, 1 15841 Santa Comba
|
981-880075
|
|
CIM de Zas
|
Praza do Campo, 1 15850 Zas
|
981-708303
|
|
LUGO
|
|
Centro
|
Enderezo
|
Teléfono
|
|
CIM de Burela
|
Rúa Eijo Garay, 20 (Casa do Concello) 27880 Burela
|
982-580609
|
|
CIM de Chantada
|
Praza de España, 1 - Baixo. Antiga casa consistorial. 27500 Chantada
|
982-462299
|
|
CIM de Lugo
|
Avda. da Coruña, 212 27003 Lugo
|
982-206336
|
|
CIM de Mondoñedo
|
Estrada dos Remedios, s/n - (Edificio Inem, Baixo) 27740 Mondoñedo
|
982-521369
|
|
CIM de Monforte
|
Campo de San Antonio, s/n 27400 Monforte
|
982-416350
|
|
CIM de Quiroga
|
Rúa Real, 52 27320 Quiroga
|
982-428001
|
|
CIM de Ribadeo
|
Praza de España, 1 27700 Ribadeo
|
982-188650
|
|
CIM de Sarria
|
Rúa Matías López, 33 27600 Sarria
|
982-535061
|
|
CIM de Vilalba
|
Praza da Constitución, 1 27800 Vilalba
|
982-523032
|
|
CIM de Viveiro
|
Claustro de San Francisco - Avda. de Cervantes, s/n 27850 Viveiro
|
982-550421
|
|
OURENSE
|
||
|
Centro
|
Enderezo
|
Teléfono
|
|
CIM de O Barco
|
Praza do Concello, 1 - baixo 32300 O Barco de Valdeorras
|
988-320202
|
|
CIM de Castro Caldelas
|
Rúa do Concello, 1 32760 Castro Caldelas
|
|
|
CIM de Maceda
|
Rúa Toural, 2 32700 Maceda
|
988-463001
|
|
CIM de Ourense
|
Rúa Capitán Eloy, 20 - entrechán 32003 Ourense
|
988-374401
|
|
CIM de Verín
|
Avda. de Portugal, 11 32600 Verín
|
988-411341
|
|
CIM de Viana do Bolo
|
988-340120
|
|
CIM de Xinzo de Limia
|
Rúa Curros Enríquez, 15 - 17 32630 Xinzo de Limia
|
988-550023
|
|
PONTEVEDRA
|
||
|
Centro
|
Enderezo
|
Teléfono
|
|
CIM de Caldas de Reis
|
Rúa Pepe Rada, 3
36650 Caldas de Reis
|
986-541072
|
|
CIM de Cambados
|
Rúa Ourense - Edif. Servizos Múltiples, 3º
36630 Cambados
|
986-520510
|
|
CIM de Cangas
|
Avda. de Ourense, 46
36940 Cangas
|
986-303402
|
|
CIM de A Estrada
|
Praza da Constitución, 1 36680 A Estrada
|
986-590151
|
|
CIM de Gondomar
|
Casa da Cultura Rúa Portugal, 2 - baixo 36380 Gondomar
|
986-360224
|
|
CIM de O Grove
|
Rúa Castelao, 173 - Baixo 36980 O Grove
|
986-730900
|
|
CIM de A Guarda
|
Praza do Reló, s/n 36780 A Guarda
|
986-614648
|
|
CIM de Lalín
|
Rúa Mercado, s/n 36500 Lalín
|
986-782352
|
|
CIM de Marín
|
Rúa Méndez Núñez, Baixo 36900 Marin
|
986-891802
|
|
CIM de Moaña
|
As Barxas, S/N 36950 Moaña
|
986-313600
|
|
CIM de Nigrán
|
Cruce Rua Mariñeiro. Estrada Pola Vía, S/N
|
986-383081
|
|
36350 Nigran
|
|
CIM de Poio
|
Rúa Domingo Fontán, 4A 36005 Poio
|
986-874238
|
|
CIM de Ponteareas
|
Rúa Oriente, 8 36860 Ponteareas
|
986-641747
|
|
CIM de Pontevedra
|
Rúa Jofre de Tenorio, 1 36002 Pontevedra
|
900-119741
|
|
CIM de Porriño
|
Rúa Domingo Bueno, 2 36400 Porriño
|
986-337429
|
|
CIM de Sanxenxo
|
Rúa Rafael Pico, 4 36970 Sanxenxo
|
986-727901
|
|
CIM de Silleda
|
Rúa Alfonso Trabazo, 3 - entrechan 36540 Silleda
|
986-580000
|
|
CIM de Soutomaior
|
Rúa Illas Alvedosas, 3 36690 Arcade
|
986-701227
|
|
CIM de Vigo
|
Rúa Romil, 20 36208 Vigo
|
986-293963
|
|
CIM de Vilanova
|
Avda. González Besada, s/n 36620 Vilanova de Arousa
|
986-554845
|
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día e ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Este servizo está atendido por un equipo multidisciplinar do Servizo Galego de Igualdade e do Centro 24 horas coordinado con diferentes profesionais de toda Galicia, de forma que calquera muller poida facer unha consulta, tanto en horario laborable como en horario nocturno e en días non laborables.
Desde o Teléfono da Muller infórmase e asesórase sobre cuestións relacionadas coas seguintes materias:
Separacións, divorcios, abandonos do fogar, sentencias incumpridas...
Malos tratos, vexacións, ameazas, agresións sexuais, acoso sexual...
Cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego, creación de empresas...
Discriminación laboral, permisos por maternidade e paternidade, apoio á contratación...
Servizos sociais, centros de acollida, centros de información ás mulleres, programas para mulleres desfavorecidas, servizos policiais, gabinetes de
orientación, centros de planificación familiar...
Educación para a igualdade, materiais non sexistas, publicidade discriminatoria...
Apoio ó asociacionismo, xornadas, seminarios, subvención a asociacións, publicacións...
Políticas de igualdade, proxectos europeos, actuacións doutros organismos...
O área de intervención do Plan de acción 2000-2005 contra a violencia de xénero en Galicia, entre outras actuacións, estableceu a creación dun servizo de emerxencia 24 horas para atender de xeito integral os casos de violencia.
Este Centro de información e asesoramento ás mulleres, presta apoio asistencial e no seu caso derivación inmediata a un recurso axeitado (asistencia sanitaria, centros de acollida, asesoramento xurídico individualizado, forzas e corpos de seguridade do Estado...). Así, este servizo ofrece información inmediata en canto ás súas posibilidades de acción, co soporte dos recursos existentes na Comunidade Autónoma galega para que as usuarias poidan superar a situación de violencia e comezar o seu camiño de independencia e igualdade. O obxectivo último é que a usuaria perciba a información e vexa resoltas as súas dúbidas inmediatas en orde á toma de decisións, control da súa propia vida e desenvolvemento persoal.
O Centro 24 horas é un servizo gratuíto e anónimo prestado para toda a Comunidade Autónoma, as 24 horas do día durante todo o ano.
Réxese polas seguintes pautas de actuación:
Voluntariedade da persoa que demanda a información e consulta.
Anonimato e confidencialidade.
Gratuidade do servizo.
Inclusión da perspectiva de xénero nas súas actuacións.
A Lei de Enxuizamento Criminal, segundo redacción dada pola Lei 27/2003, de 31 de xullo no seu apartado 8º establece que “A orde de protección será notificada ás partes, e comunicada polo xuíz inmediatamente, mediante testemuña íntegra, á vítima e ás administracións públicas competentes para a adopción de medidas de protección sexan estas de seguridade ou de asistencia social, xurídica, sanitaria, psicolóxica ou de calquera outra índole. A estes efectos establecerase regulamentariamente un sistema integrado de coordinación administrativa que garanta a axilidade destas comunicacións.” O Protocolo para a Implantación da Orde de Protección, no seu epígrafe 3.4, parágrafo 3º, apartado 2º, prevé o establecemento dun sistema de comunicación que permita a rápida remisión da orde de protección dende o Xulgado ao Punto de Coordinación. Así mesmo, o Real Decreto 355/2004 de 5 de marzo polo que se regula o Rexistro Central para a protección das vítimas de violencia doméstica, recolle na súa Disposición Adicional Única a “comunicación das ordes de protección ás Administracións públicas competentes en materia de protección social”, e a tal efecto establece que “Os secretarios dos xulgados e tribunais comunicarán as ordes de protección das vítimas de violencia doméstica que se adopten e as súas respectivas solicitudes, mediante testemuña íntegra, a aquel ou aqueles puntos de coordinación designados pola comunidade autónoma correspondente, que constitúan a canle única de notificación destas resolucións a centros, unidades, organismos e institucións competentes en materia de protección social en relación con estas vítimas, de acordo co establecido no apartado 8 do artigo 544 da Lei de Enxuizamento Criminal”. Na Comunidade Autónoma de Galicia foi designado o Centro de Información e Asesoramento á Muller de A Coruña como Punto de Coordinación das Ordes de Protección de Galicia (PCOP). Avda. Glasgow, 10 15008 A Coruña Teléfonos: 981 282024 - 981 282044
O día 21 de novembro de 2003 asinouse o protocolo de actuación e coordinación entre a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a Consellería de Xustiza, Interior e Administración local para a atención e protección de mulleres vítimas de malos tratos. Este protocolo ten por obxecto establecer as condicións de colaboración entre ámbalas dúas Consellerías co fin de prestarlles ás vítimas de malos tratos a atención e protección debida. Entre os obxectivos do protocolo, compréndense os seguintes:
• Poñer a disposición das vítimas de malos tratos un dispositivo de alarma consistente nunha unidade de teleasistencia, a través dun aparato que se poderá activar nunha situación de emerxencia, para localizar dun xeito efectivo ás vítimas en situación de risco.
• Que a Policía Autonómica, en casos de gravidade e urxencia (risco vital, asistencia sanitaria, flagrancia de delito...), en función dos recursos dispoñibles, se encargue de levar a cabo as actuacións de coordinación necesarias para a protección e traslado das mulleres vítimas de malos tratos.
• A través do teléfono 112 centralizanse as chamadas para levar a cabo a citada asistencia.
Avogacia.org (CAG)
Enderezo de web para este contido: http://www.avogacia.org/w3/article.php3?id_article=629