Avogacia.org é, ademais da ventá pública e oficial do Consello da Avogacía Galega, unha web de servizos para os avogados e as avogadas de Galicia e unha plataforma para a colaboración coa Administración de Xustiza na modernización e mellora da xestión xurídica.
A filosofía de servizo é ofrecer información, documentación, asistencia, sistemas, ferramentas, etc nos campos da promoción do uso da lingua galega e das novas tecnoloxías co compromiso de que sexan de moi doado manexo para os usuarios xa que un dos obxectivos básicos é favorecer a implantación dos sistemas telemáticos. Simplicidade de uso, si, pero garantía de seguridade xa que todos eles son servizos prestados mediante un servidor exclusivo de alta seguridade.