Benvida!
Actualizada o venres 24 de outubro do 2008.
|
O Servizo de Asesoramento Lingüístico (SAL) da Avogacía trata de poñer á vosa disposición tódolos recursos que faciliten o traballo na lingua galega. Para iso contamos con distintas seccións que te animamos a visitar.
|
Novidades nesta sección
O parlamento como lingüista
venres 24 de outubro do 2008
O Parlamento esixe o uso non sexista da lingua
Os tres grupos con representación no arco parlamentario galego aprobaron hoxe por unanimidade unha proposición non de lei na que se reclama unha nomenclatura das ocupacións 'acorde cun uso non sexista da linguaxe' nas estatísticas oficiais.
O segundo punto da iniciativa, impulsada polo BNG, tamén insta á Xunta a dirixirse ao Goberno central para que axilice a modificación da Clasificación Nacional de Ocupacións vixente na actualidade, que data de 1994, para que tamén (...) [:.ler +]
A II xornada Xustiza e Lingua analizou o estado do galego na xustiza
mércores 22 de outubro do 2008
“O galego é o maior patrimonio cultural dos galegos, é máis antigo que a propia catedral”, “Requírese unha revisión da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX)”. Xesús Ferro Ruibal.
A segunda edición da xornada X“ustiza e Lingua, reflexións para a normalización” foi inaugurada e moderada polo decano do colexio de avogados compostelán, Evaristo Nogueira Pol, quen manifestou o seu compromiso co proceso normalizador que está a vivir a súa entidade.
O decano fixo referencia á continuidade da (...) [:.ler +]
II Edición “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”
mércores 8 de outubro do 2008
O Colexio de Avogados de Santiago organiza a segunda edición da xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”
Terá lugar o martes 21 de outubro e convida á reflexión sobre o estado da lingua no ámbito da xustiza.
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a segunda edición da xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”.
Esta xornada, dirixida ao mundo da avogacía e da xustiza en (...) [:.ler +]
Nace Irmandade Xurídica Galega para promocionar o galego na Xustiza
mércores 18 de xuño do 2008
Personalidades da xudicatura crearán unha asociación para impulsar o uso do galego
Un grupo de representantes da xudicatura e as forzas de seguridade na comunidade autónoma, proxectaron a posta en marcha dunha asociación que pretende impulsar o uso da lingua galega en todos os órganos xurisdicionais.
A posta en marcha da asociación, que se denominará Irmandade Xurídica Galega, terá o seu acto de celebración o vindeiro sábado no mosteiro de Celanova.
A IXUGA, que se crea por iniciativa da Asociación de Funcionarios para a (...) [:.ler +]
"Pasos salientables" opina o secretario de Presidencia que está dando a Xunta para a normalización lingüística da Xustiza
venres 9 de maio do 2008
Así o asegurou hoxe o secretario xeral da Consellería de Presidencia, Santiago Roura, na Comisión 1ª do Parlamento
Destacou as iniciativas tomadas no eido informático, de tradución de documentos e da formación de persoal.
O secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Santiago Roura Gómez, asegurou hoxe que os pasos dados en ben pouco tempo a prol da utilización da lingua galega no eido da xustiza son verdadeiramente salientables.
Obviando a permanente cascada de incidentes no uso (...) [:.ler +]
A Mesa pola Normalización Lingüistica
A Xustiza vulnera os dereitos lingüísticos dos galegos en todo tipo de niveis e situacións
martes 15 de abril do 2008
Segundo o presidente da Mesa, tan só o oito por cento das sentenzas están no noso idioma, a pesar das recomendacións do Consello de Europa en 2005.
As reivindicacións para o ámbito da xustiza estarán presentes na manifestación do 18 de maio “Polo dereito a vivirmos en galego” que convoca a Mesa
A escolla persoal de empregar a lingua galega no eido da Xustiza supón sempre unha dilación das causas para os cidadáns e un duplo esforzo para os funcionarios. Así se indica no relatorio elaborado polo (...) [:.ler +]
O CXPX arquiva a queixa da COPE por unha sentenza en galego
venres 11 de abril do 2008
A Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) decidiu onte por unanimidade arquivar as informacións previas a raíz dunha queixa presentada polos avogados da COPE por unha sentenza do Xulgado do Social número 2 de Santiago redactada en galego.
O CXPX aprecia que a maxistrada respectou o artigo 231 da Lei do Poder Xudicial, que confire validez ás actuacións xudiciais na lingua oficial dunha comunidade, sen necesidade de tradución ao castelán, e que ningunha das partes alegou descoñecemento do (...) [:.ler +]
O Parlamento galego aproba por unanimidade que as TV portuguesas se poidan ver en Galicia
mércores 9 de abril do 2008
Sobre a adopción de medidas para permitir a recepción en Galicia das emisións das radios e televisións portuguesas
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 463, do 03.12.2007
Texto da iniciativa:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a adoptar as medidas precisas perante o Goberno español coa finalidade de:
1. Posibilitar a recepción en Galicia das emisións das radios e televisións portuguesas, en cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e minoritarias, utilizando as posibilidades técnicas precisas (...) [:.ler +]
Novas anteriores|1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21
Está dispoñibe outra vista dos contidos da sección.
Warning: include() [function.include]: URL file-access is disabled in the server configuration in /homepages/16/d336306730/htdocs/avogacia_org/w3/inc-public.php3(20) : eval()'d code on line 235
Warning: include(http://www.avogacia.org/cgi-bin/rotator.cgi) [function.include]: failed to open stream: no suitable wrapper could be found in /homepages/16/d336306730/htdocs/avogacia_org/w3/inc-public.php3(20) : eval()'d code on line 235
Warning: include() [function.include]: Failed opening 'http://www.avogacia.org/cgi-bin/rotator.cgi' for inclusion (include_path='.:/usr/lib/php5') in /homepages/16/d336306730/htdocs/avogacia_org/w3/inc-public.php3(20) : eval()'d code on line 235




SAL
Recollemos información tódolos temas e recursos de relevancia que vaian xurdindo.
